Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF defenderá no pleno ordinario que sexan declarados festivos locais en Foz o 16 de xullo e o 10 de agosto

Foz, 17 de setembro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luis Alfonso Sixto Legaspi,Juán Luis González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luis Alfonso Sixto Legaspi na vindeira sesión plenaria deste mes de Setembro, no punto da orden do día que leva o Alcalde e o seu equipo de goberno sobre a determinación das festas locais para o ano 2016 vai defender que sexan declarados festivos locais o 16 de Xullo e o 10 de Agosto.

Como ven sendo habitual por estas datas o Concello de Foz, a través do seu Alcalde e o equipo de goberno vai levar ó vindeiro Pleno da Corporación Municipal a proposta para declarar os días festivos locais do ano 2016.

“Foz,Plataforma de Futuro” a través dos seus Concelleiros vai defender que sexan declarados o 10 de Agosto, día de San Lourenzo, que cae en mércores, e o 16 de Xullo, que cae en sábado.

Nestes últimos tempos puxéronse en contacto con nos empregadas e empregados do comercio en xeral do noso Concello, para pedirnos que defendéramos esta proposta, xa que como é de todos coñecido que teñen que traballar os sábados, e si non se declara festivo local o día do Carme terían que acudir ós seus postos de traballo nun día de festa. Dende “Foz,Plataforma de Futuro” comprendemos a súa postura, e entendemos que merecen que se recoñeza o sábado 16 de Xulio como festivo local para que todas estas persoas poidan descansar e disfrutar do día de festa cos seus.

Esperamos que o resto de partidos da Corporación Municipal compartan esta proposta, aparte de ser unha proposta de “Foz, Plataforma de Futuro” tamén é, de empregadas e empregados do noso Comercio.

Exit mobile version