O primeiro obxectivo xa está á volta da esquina; a Supercopa de España arranca este domingo en Vista Alegre, ás 13.00 horas, co partido de ida fronte ao actual campión de liga e Copa de España, Atlético de Madrid Navalcarnero. “Entraremos á pista para gañar; o primeiro partido é na casa, coa nosa afección, e debemos aproveitalo para viaxar o día 12 a Madrid con vantaxe” admitía con optimismo Gaby, incidindo na preparación da escuadra. “Estamos listas para comezar. Foi unha pretempada dura, con dous partidos de adestramento que se resistiron e coa lóxica adaptación paulativa das fichaxes ao ritmo de xogo do equipo. Esta última semana xa cambiou a situación; estamos axustando detalles, xa nos entendemos mellor na pista, hai máis compenetración” falaba así a 9 laranxa da unión e ledicia que se respira no vestiario pola chegada da gran cita e do comezo da competición. “A Copa escapóusenos por pequenos detalles, esta é a nosa oportunidade para resarcirnos fronte ao Navalcarnero” concluía a burelista.