
Burela, 24 de setembro de 2015.- Vista Alegre rendiuse este mércores aos goles solidarios do CD Burela FS Pescados Rubén e a Selección de Vietnam nun amigable a favor da Asociación DEBRA-Pel de Bolboreta. O combinado asiático, dirixido polo ferrolán Bruno García, impúxose 2-3 á escuadra mariñá; Isi e Chino anotaron por parte dos burelistas. “A actitude do equipo non foi a adecuada; non reaccionamos como o estamos facendo en liga, deixámonos levar un pouco, aínda que tamén puidemos gozar dun quinteto dos da casa” repasaba Daniel Ibañes.