Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia: “O acordo do Consello da Xunta sobre o Hospital, un paso máis e decisivo cara a ampliación

obras-hospital-burelaBurela, a 11 de setembro de 2015.- O portavoz do Grupo Municipal Popular (GMP), José María González Barcia, manifestou este venres que “o acordo adoptado onte polo Consello da Xunta en relación co incremento de crédito para levar a cabo a ampliación do Hospital signficia un paso máis, pero decisivo, para levar a cabo tal ampliación, que será posible cun goberno do Partido Popular”.

Barcia dixo que “agora que xa hai dotación económica, queda que a Xunta licite as obras, e quero lembrar que o Presidente Núñez Feijoo dixo no propio Hospital no acto de presentación do documento do Plan Director, o 18 de marzo pasado, que no outono deste ano se licitarían as obras; igual que Núñez Feijoo está cumplindo os seus compromisos, cumplirá tamén licitanto e adxudicando as obras”.

O Grupo Municipal Popular (GMP) manifestou que “todos desexamos que a ampliación se faiga canto antes, pero mentres uns traballan e traballamos para sacar as cousas adiante, outros non se cansan de poñer paus nas rodas para entorpecer e poñer impedimentos, chegando a mentirlle á xente”.

Os populares afirman que “a anterior goberno muncipal, do PP, fixo o seu traballo aprobando o Plano Xeral de Ordenación Municipal, entre outras cousas para facer posible a ampliación do Hospital, modificando de 100 metros a 25 a liña de edificación da variante de Burela, ou fixando solo dotacional e ordenanzas urbanísiticas axeitadas na zona do Hospital para que agora se poida facer todo o proceso que se está facendo en relación coa ampliación”.

O GMP tamén di que “nos últimos meses do noso mandato, houbo conversas coa Xunta e cos redactores do Plan Director para buscar alternativas ó aparcamento e heliporto actuáis durante a realización das obras”.

“Esto demostra, engaden, que desde o goberno municipal do PP tamén se traballou arreo para facer posible a ampliación do centro sanitario”.

Finalmente, o GMP afirma que “a todas luces é innegable e irrefutable o compromiso da Xunta de Núñez Feijoo e do PP con Burela: acceso ó porto, nova escola infantil, son obras que están aí e que non se pararon, como alguén decía e ó millor no fondo pretendía, e agora vemos que a ampliación do Hospital está cada vez máis cerca, e non precisamente gracias ós que anunciaron no seu día a ampliación tres veces, e coma o apóstolo, tres veces mentiron”.

Exit mobile version