Esta exposición , con as súas ambas ubicacións, lembran a importante presencia desta actividade pesqueira na nosa comarca, que tivo a sua última expresión na factoría xovense de Morás. Actividade esta que deixou importantes testemuños como por exemplo a colección de osos depositada no Museo Provincial do Mar, a mais importante de Galicia segundo os expertos.
Nos actos interviron a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, que subliñou a importancia de manter unha ruta que ligue os importante restos óseos instalados no Museo Provincial do Mar con o centro xeográfico de Morás onde se ubicou a factoría Masso entre 1965 e 1976; e o deputado Demetrio Salgueiro Rapa, delegado da Área de Economía, Recadación e Facenda, que fixo un repaso histórico sobre a memoria histórica da cultura marítima derivada da caza destes grandes cetáceos. Ao tempo, Encarna Lago fixo unha mención á importancia do traballo en rede no ámbito museístico que, como nesta ocasión con o Museo Massó de Bueu; permite realizar exposicións de maior valor e importancia.
Convidamos a todo aquela persoa interesada a asistir esta exposición, e especialmente a acudir aos dous centros expositivos dada a complementariedade de ambas instalación ao mostrar diferentes formas que adoptou esta práctica ao longo da historia.