Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurado o curso de deseño e elaboración de mobles artesanais no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela

O Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela acollía este martes a presentación do curso “Deseño e elaboración de mobles artesanais” da man da Directora Técnica Xeral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, Dona. Mª José Nóvoa, quen animou a todos os participantes para que fixeran un bo aproveitamento deste curso, cuio obxetivo xeral é a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica, en grave risco de exclusión social.

Nesta presentación tamén puideron ver os materiais que teñen á súa disposición e cos cales poderán diseñar distintos mobles. Neste caso, un material co que nunca se traballara, foran os palets, tan de moda hoxe en día. Os participantes deste curso mostráronse entusiasmados co seu comezo e xa deron algunha idea que seguro poderán levar a cabo.

“Con estas actividades o que propoñemos, ademais de dotar ós nosos usuarios de grandes coñecementos que faciliten a súa integración social e laboral, é mellorar a súa calidade de vida e aumento de autoestima”, explicou a directora técnica xeral.

Exit mobile version