Site icon Crónica3.com A Mariña

Javier Peixe, bronce no Campionato Galego BTT de Maratón

peixe-3-bttmaratonCun duro percorrido de 100km e un desnivel de máis de 3000 metros, o pasado sábado celebrábase en Boiro o campionato galego de BTT maratón no que participaba Javier Peixe como único representante das ED Lourenzá.

Demostrando atoparse nun gran momento de forma, remataba a proba no posto 10º da xeral cun tempo de 5:20:00, que lle valería para subir ó podio na 3ª posición da súa categoría master 40.

O gañador da proba foi o actual campión de España ultramaratón, Brandan Márquez, segundo sería Javi Busto e terceiro, Alejandro Trasbach.

En féminas, a gañadora foi Verónica Montes seguida de Ana María González, mentres que na terceira posición entraría Anuska Vilas.

A sección de ciclismo estará presente na I Ruta BTTeiros Cova da Serpe de Guitiriz este sábado 12 de setembro.

Exit mobile version