“Confío no equipo, en que poidamos ofrecer a nosa mellor versión e sacar un resultado positivo de Vista Alegre” aseguraba a porteira laranxa nesta primeira parte dun título a 80 minutos, a pesar da entidade do Atlético de Madrid Navalcarnero: “Gañouno todo, é o equipo a bater por excelencia. Será un partido bonito, con moita rivalidade. Creo no traballo do Burela FS, sempre demos a cara fronte ao Futsi; nas últimas ocasións os resultados escapáronnos por pequenos detalles” facía balance así Jozi do arquirrival burelista. “Coma nós é un equipo que mantén o bloque, aínda que perdeu a Belén na portería, unha diferenza a destacar”.
“Tivemos unha pretempada dura, na que fomos medrando pouco a pouco e conseguimos un grupo unido para traballar. Sería xenial comezar a tempada con esta vitoria” concluía Jozi.