Site icon Crónica3.com A Mariña

Juan Villarino, director do taller de teatro que se impartirá en Burela, anima a participar nesta cita

Burela, 29 de setembro de 2015.- O obradoiro de teatro organizado pola Delegación de Cultura do Concello bota a andar o día 1 de outubro e Juan Villarino, o seu director, anima a aproveitar as últimas horas para inscribirse.

Villarino explicou que “vai ser un obradoiro de iniciación para afeccionados e imos intentar en dous módulos sacar un pequeno grupo de persoas para formar un grupo de teatro en Burela. Entendemos que a xente que vai vir vai a ser xente que vai facer por primeira vez teatro e intentaremos proxectar a voz, facer mímica, improvisacións, perder o medo escénico, un pouco de todo, pero moi pouquiño, evidentemente, porque o teatro é un gran mundo”.

A inscrición remata este martes. O número de prazas ofertadas é de 20: “tampouco queremos ter un grupo extenso, hai agora mesmo de 10 a 12 persoas inscritas, a idea é ter un grupo como máximo de 20, pero un número de 14-16 persoas sería ideal, porque con moitas persoas non nos da tempo a ver todos os temas. Cómo se van facer improvisacións, se están dúas persoas improvisando e as outras 18 están mirando?. Non moi pequeno, pero un grupo de 12-14 personas sería o ideal”.

Juan Villarino anima a participar neste taller de teatro: “animo á xente de Burela, que é dos poucos municipios da comarca que non teñen un grupo de teatro, a que se inscriban neste pequeno obradoiro. Vano pasar moi bien, van rir moito, van disfrutar, as 30 horas que temos vanlles parecer moi poucas. Vano pasar moi ben, que é o máis interesante e, mentres estean no curso de teatro vanse esquecer totalmente do externo, van ter a cabeza absorta no que están facendo y vanse esquecer de todos os problemas domésticos, de diario, e iso é o máis importante”.

Exit mobile version