Teijeiro explica que durante a reunión a presidenta do Colexio de Traballo Social “mostrounos a súa satisfacción e entusiasmo porque a Deputación de Lugo retome a posibilidade de dar novas altas no Servizo de Teleasistencia paralizado dende o ano 2007” e, neste eido, agradece a Capeáns que lles ofrecese a colaboración do Colexio neste proceso.
Ademais, a deputada de Benestar mostrouse aberta a estudar e poder levar a cabo algunha das propostas que lle foron trasladadas polos responsables do Colexio de Traballo Social. Teijeiro indica que algunha destas ideas son a reedición da Xornada Muller e Mercado Laboral, a participación en Proxectos Europeos e a necesidade de dar formación a profesionais no eido dos servizos sociais.
Polo tanto, Mari Teijeiro comprometeuse a estudar todas as propostas e agradeceu este encontro, que serve como un primeiro paso para desenvolver unha labor coordinada e acorde coa filosofía do Traballo Social.