Site icon Crónica3.com A Mariña

Nace a Asociación Deporte en Mondoñedo

DSC_0014Mondoñedo, 1 de setembro de 2015.- Nace a Asociación Deporte en Mondoñedo, Asociación Deportiva formada por un grupo de mindonienses que colaborará para fomentar o deporte na súa localidade. Así, sacarán oferta deportiva empezando a súa andaina en fútbol-sala para as categorías pre-benxamín, benxamín, cría, infantil, cadete e xuvenil; en tenis de mesa para as categorías dende benxamín a cadete ao igual que bádminton; en baloncesto benxamíns, crías e infantís por conta propia e en cadetes e juniors colaborando coa asociación ED LOURENZÁ; en dúatlon terán todas as categorías; e sacarán grupos de sendeirismo e ximnasia (os alumnos de dúatlon competirán en campo a través).

Sen pechar a directiva, con oito membros agora mesmo, xa buscaron voluntarios para colaborar cos distintos deportes en distintas categorías.

Abrirán esta semana unha preinscrición para apuntarse aos distintos deportes nas distintas categorías.

Exit mobile version