O sextor lácteo galego segue a mobilizarse en demada dun prezo que cubra costes de produción e que retribua correctamente o traballos dos gandeiros e das gandeiras. Nesta semana a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo ten convocadas varias accións, que inclúen unha masiva tractorada este luns en Santiago e unha manifestación nacional o xoves día 10 na mesma capital. Desde a Mariña estase participando activamente nestas accións, e estase a organizar a viaxe en autobús para a manifestación do xoves. Todas as persoas interesadas en participar poden reservar a súa praza nas organizacións convocantes.