Site icon Crónica3.com A Mariña

Novidades no Praias de Barreiros FS: chegada de Andrés Míguez “Souka” e marcha de Dani Dorado

Barreiros, 1 de setembro de 2015.- O conxunto barreirense anuncia a fichaxe de Andrés Míguez Pernas (Celeiro-Viveiro, 02-04-1993). Natural de Celeiro, Souka formouse como xogador de fútbol sala nas categorías inferiores do Porto de Celeiro FS onde estivo en categoría cadete, xuvenil da mesma maneira que participaba co primeiro equipo de Terceira División.

O Burela FS foi a seguinte parada do de Celeiro, formou parte do equipo xuvenil, e do filial laranxa de Terceira División. Chegando a disputar o Campionato de España de Logroño coa selección galega sub-19.

O Xove FS (Terceira División) e o Ventorrillo FS coruñés de Liga Autonómica foron os últimos clubes dos que formou parte Souka antes de unise ó Praias de Barreiros FS.

Alfonso Fernández, secretario do clube barreirense foi o encargado de presentar á nova fichaxe.

Dani Dorado non formará parte da plantilla do Praias de Barreiros F.S. 2015/16
O xogador de San Pedro de Benquerencia causa baixa na plantilla do conxunto barreirense por motivos laborais que resultan incompatibles coas esixencias do equipo.

Non obstante, Dani -un dos socios fundadores do clube- seguirá colaborando coa entidade prestando apoio directo á xunta directiva do Praias de Barreiros.

Elías seguirá aportando a súa experiencia baixo paos no Praias de Barreiros FS 2015/16

Exit mobile version