Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo conato de incendio na parroquia ribadense de Ove, a carón da N-642

290915 Foto lume 3Ribadeo, 29 de setembro de 2015.- Na tarde deste martes producíase un novo conato de incendio na parroquia ribadense de Ove, a carón da N-642, nos mesmos lugares onde xa se rexistraron lumes nos meses de xuño e xullo pasados. Todo apunta a que foi intencionado.

O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que “levamos varios incendios nesta zona, todo apunta a que foron intencionados. Agardamos que as forzas de seguridade dean pronto dean co autor ou autores do acontecido e que reciba o castigo que merece”.

O lume que se rexistraba este martes está controlado. Na súa extinción participaron medios locais e tamén brigadas contra incendios.

Exit mobile version