O rexedor contou que “vimos de presentar un ano máis o curso das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Foz, acto no que se informou a todos aqueles pais e alumnos das Escolas Municipais do novo programa que se ofrece para comezar xa este próximo luns, o día 28. É moi similar ao do ano pasado, practicamente coas mesmas disciplinas, e co mesmo obxectivo, que é tratar de iniciar a todos os rapaces no deporte, no xogo, no entretemento, no teatro, na cerámica ou en calquera outra actividade que lle permita ao rapaz ter unha vida saudable e social, comunicarse cos demais compañeiros e buscar alternativas deportivas ou culturais”. E dixo estar satisfeito pola matriculación: “estamos contentos posto que as matrículas é probable que se aproximen ás do ano pasado e que superen os 100 inscritos”.
Javier Castiñeira engadiu que “a matrícula poden facela o mesmo día 28 no lugar onde se desenvolva cada actividade ou ben na Casa da Xuventude, poñéndose en contacto coa técnica de Xuventude. Animamos a todos os rapaces a que participen”. E destacou que o prezo da matrícula “non se variou con respecto a outros anos: son 15 euros para unha actividade e 17 euros se son dúas; e o desconto para familias numerosas que é do 50 por cento”.