Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz supervisou os traballos de limpeza no río Alemparte, en Cangas, que realizan os alumnos do obradoiro de emprego Pardo de Cela 2

300915 LIMPEZA RÍO ALEMPARTE (CANGAS DE FOZ) (2)Foz, 30 de setembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, supervisou as obras de limpeza do río Alemparte, na parroquia de Cangas, traballo que está sendo realizado polos alumnos do obradoiro de emprego Pardo de Cela 2, compartido cos municipios de O Valadouro, Alfoz e Mondoñedo.

O rexedor focense explicou que “é un obradoiro conxunto entre catro concellos: os de O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo e Foz. En total 20 rapaces e rapazas están cursando os módulos de silvicultura e xardinería. Concretamente o módulo que colle os concellos de Foz e Mondoñedo comezou en Mondoñedo e agora levan un mes traballando no río Alemparte, de Cangas de Foz”.

Javier Castiñeira engadiu que “é un traballo de limpeza do río que está tendo moi boa acollida por parte dos veciños de Cangas. Era unha actuación moi demandada polos asociación veciñal. Un río que atravesa un dos barrios importantes da parroquia, o Alemparte, está quedando nun estado de limpeza moi bo e polo tanto estamos moi contentos. E ademais estase formando a 20 rapaces deste catro concellos nun módulo moi interesante e con moita saída laboral, como é silvicultura e xardinería”.

O alcalde de Foz rematou agradecendo “a confianza da Consellería de Benestar, que é a que promove estes obradoiros. Xa é o segundo conxunto entre os catro concellos e fai un labor moi demandado e por riba forma a veciños nosos”.

Exit mobile version