Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Mondoñedo denuncia que o goberno do PP quere crear unha mala imaxe do goberno anterior a base de mentiras, medias verdades e manipulación dos feitos

Mondoñedo, 18 de setembro de 2015.- M. Orlando González Cruz, ex- alcalde de Mondoñedo e actual portavoz do BNG, sae ao paso das declaracións da popular Elena Candia no relativo á pista polideportiva do CEIP Álvaro Cunqueiro e MANIFESTA:

1º- As obras da pista polideportiva do CEIP Álvaro Cunqueiro non foron iniciadas polo bipartito mindoniense, senón que foron contratadas, iniciadas e paralizadas durante o mandato do goberno anterior do PP, no que estaba a Sra Elena Candia.

2º- As obras xa estaban paralizadas a causa da débeda xerada polo goberno do PP á empresa adxudicataria das mesmas, “Construcciones ALEA SL”.

3º- O importe dos impagos das certificacións de obra executada e reclamados pola empresa ascendían a 224.864,43 euros.

4º- O goberno bipartito do BNG- PSOE tivo que facerse cargo do pufo xerado polo PP e pagar a cuantía reclamada máis os xuros de mora.

5º- As obras da pista polideportiva do CEIP Álvaro Cunqueiro estaban subvencionadas, na súa maior parte pola Xunta de Galicia, polo que os impagos resultan dificilmente explicables.

6º- PP minte e manipula os feitos acontecidos coa obra da pista polideportiva do CEIP Álvaro Cunqueiro no intento de crear unha campaña de desprestixio do goberno BNG-PSOE, baseada en mentiras, medias verdades e manipulación dos feitos.

Exit mobile version