Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta máis de 1000 sinaturas reclamando o Centro de Día para O Vicedo

adrian-inma-sinaturasO Bloque Nacionalista Galego do Vicedo, vén de rexistrar na casa consistorial as máis de mil sinaturas -1082 concretamente- que recadou polo concello este verán, a favor da instalación na casa do mar do Vicedo dun centro de día destinado á xente maior do concello e da contorna.

O portavoz municipal e concelleiro do BNG no concello, Adrián Piñón Domínguez, manifestou no Pleno desta mañá a súa alegría tras comprobar que o Alcalde mudara de opinión, posto que, durante campaña electoral, manifestou que “só dúas persoas estaban interesadas no Centro”

Nun concello no que, segundo o IGE, o 34% da poboación e maior de 65 anos, e un 39% vive grazas a un subsidio do Estado –sendo o segundo concello da Mariña cun maior porcentaxe neste senso, só por detrás de Ourol- e máis que necesario un servizo que axude ós nosos maiores.

No Pleno aprobouse por unanimidade a cesión da titularidade da Casa do Mar ao Concello. Aínda así, o BNG, co obxectivo de presionar e que a proposta non pase a segundo plano, defenderá no próximo pleno do día 30, a posta en funcionamento do Centro.

“O que se solicita é un centro con servizo de comedor e lavandería, e que o mesmo atenda tamén as persoas cunha mobilidade reducida e que non poda acudir ó centro, impulsando un programa de xantar na casa así como un servizo de transporte adaptado que faga posible a conciliación familiar das persoas que precisen utilizar este servizo ou dos seus achegados”.

Tanto Adrián Piñón como a concelleira Inma García Escourido manifestaron o seu agradecemento “a todas as persoas que asinaron, en especial ás donas e donos dos comercios e bares que permitiron que se recolleran firmas nos seus locais”.

Exit mobile version