Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS imponse ao Rubí con hattrick de Gaby (3-0)

burela-rubiO CD Burela FS Pescados Rubén sumou este sábado 3 traballados puntos ante un novo Rubí FS, que se plantou en Vista Alegre con descaro e atrevemeento. Gaby converteuse na protagonista goleadora absoluta da cita, con dúas dianas a balón parado e a terceira en galopada de contragolpe.

No minuto 6 Gaby, desde saque de Claudia e toque de Ceci, inaugurou o electrónico cun disparo que superou a liña de meta en raso. Superado o ecuador do primeiro período, o Rubí adiantou a liña de presión para intentar frear o perigo laranxa sobre a meta de Nerea. A piques de marcar estivo Ceci o 2-0, paseándose o balón por diante da portería catalá a través de xogada de estratexia. A defensa mariñá e Andrea C. estiveron correctísimas nas escasas ocasións de perigo do Rubí; entre as máis destacadas, a meta levantina freou o contraataque de Alicia en solitario e máis tarde, a pouco máis dun minuto para o descanso, desbaratou desde o chan a enzarzada tentativa das visitantes na área laranxa.

Con Eva na portería, as burelistas regresaron á pista con ansia de gol, ante un Rubí que acusou o cansazo co paso dos minutos. No primeiro minuto xa puxeron en apertos as catalás, cun lanzamento de Gaby despexado por Alba e outro de Peque, que parou Nerea. Acto seguido Maite non puido recoller un pase ao bordo da liña de meta; Claudia tamén tivo a súa oportunidade na área desde balón parado de Peque. A piques de chegar a medianía deste tramo, Bet quixo sorprender a Eva, sen éxito, con balón cruzado moi desviado, e volveu intentalo no 32, con actuación da meta galega cos pés. Perdoaba demasiado o Burela FS, pero de novo Gaby ampliou distancias, de dobre penalti, no minuto 37. A falta de 30 segundos para a bucina final a 9 laranxa anotou o seu hattrick, soa ante Nerea tras roubo desde a banda. Antes Eva desartellou cunha man prodixiosa un balón de Marina.

Ficha técnica
CD Burela FS Pescado Rubén: Andrea C., Peque, Gaby, Ceci, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Claudia, Bea Mateos, Judith, Eva

Esportiu Rubí FS: Nerea, Alba, Ainoa, Marina, Nona, cinco incial; tamén xogaron Ayala, Alicia, Mariona

Goles: 1-0, minuto 6, Gaby; 2-0, minuto 37, Gaby (d.p.), 3-0, minto 39, Gaby

Árbitros: Díaz Fernández, Ricardo // Menéndez Caseiro, José Ignacio (Galicia). Por Burela FS amarela a Ceci (24), Gaby (minuto 28). Por Rubí FS tarxeta amarela para Nona (minuto 19), Bet (minuto 36)

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre ante arredor de 400 espectadores.

Exit mobile version