O conxunto lucense conseguía facerse co dominio da primeira parte ante un Atlético que tardou en meterse no partido marchando ao descanso cun marcador en contra de 3 a 1. Na segunda parte, as burelesas notaron o cansazo e as branquivermellas conseguían culminar a remontada no tramo final, pero sería o Burela quen se levaría o torneo cun postrero tanto en propia porta de Ronsel a remate de Peque desde a frontal xa co xogo de cinco. Coa vitoria as mariñás estrean o seu palmarés na Supercopa de España.
O encontro daba comezo cun Burela presionante que tiña unha primeira chegada de perigo nunha falta na frontal que botaba sen consecuencias Ceci, tras amarela por mans de Ronsel fose do área. O Atlético co paso dos minutos conseguía desbaratarse da presión laranxa e trataba de sorprender con rápidas transicións ofensivas, pero sen consecuencias. Aos seis minutos de partido o Burela obtiña o seu premio ao maior empuxe cun penalti anotado por Ceci, tras erro no espeje da zaga branquivermella que deixaba un balón solto no área. O Burela máis confiado proseguía obstaculizando a saída do balón branquivermello que non atopaba o seu sitio sobre a cancha e, ademais, vía como Bea Mateos anotaba ao segundo pau tras centro polo á contraria de Gaby. Segundos máis tarde nunha boa circulación ofensiva, Leti de potente disparo afastado recortaba distancias.
Na reanudación o Atlético optaba por presionar a saída do balón burelista e aos tres minutos nunha boa circulación de balón en tres cuartos, Ari culminaba dentro do área un pase de Ju Delgado para anotar o 2 a 3. O conxunto lucense sufría para intentar sacar o balón xogado desde atrás e salvo disparos afastados non conseguía inquietar a meta local. Nunha rápida contra polo á esquerda, a brasileira Ari conseguía facer o empate a tres. Pouco despois resolvendo un barullo na área Ju Delgado certificaba a remontada parcial das madrileñas, aínda que, a continuación Peque estrelaba un lanzamento no travesaño. A escadra mariñá intentaba equilibrar o duelo subindo a liña de presión, ante un Atlético cómodo sobre a cancha. Xa no tramo final, na primeira xogada de cinco do Burela, Peque de disparo afastado que golpeaba no pau e na espalada de Ronsel facía o empate a catro tantos. Con todo perdido polo goal average (na ida empataron a dous) o Atlético optaba por utilizar o xogo de cinco con Ari como porteira xogadora pero xa non atoparía físgoas na zaga dun Burela que soubo aguantar o empuxe local.
Iván Cao “Lucas” mostrábase eufórico ao término do partido “é unha gran alegría conseguir este triunfo e vén referendar a pretemporada incrible que realizou o equipo”. En canto á Supercopa consideraba que “foi unha eliminatoria moi boa, hoxe tal vez na segunda parte onde pode que nos afundímos un pouco físicamente e ademais estabamos medíndonos a todo un gran equipo”. Finalmente engadía que a vitoria na Supercopa “sérvenos para reafirmarnos na aposta do equipo para esta tempada e para confiar no traballo realizado”.
Pola súa banda Andrés Sanz, adestrador do Atlético Féminas Navalcarnero manifestaba que a clave no partido estivo “na mala defensa que realizamos na primeira parte e a partir de aí tivemos que reaccionar na segunda, que a dominamos podendo voltear o marcador pero tivemos un par de remates aos paus para levarnos o triunfo, pero ao final non puido ser. Este tipo de partidos márcano os pequenos detalles”. Malia perder o título de Supercopa “o equipo mostrou un bo nivel e de feito non perdeu ningún dos dous partidos, antes ou despois tiñamos que perder algún título”.
AT. FÉMINAS NAVALCARNERO (4): Ronsel; Desi, Leti, Ari e Ju Delgado (quinteto inicial). Tamén xogaron Marta Pelegrín, Amelia, Rocío, Fabi e Peke.
BURELA FS PESCADOS RUBÉN (4): Jozi; Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Ceci, Maite e Claudia.
0-1, min. 6 Ceci (penalti)
0-2, min. 9 Bea Mateos
1-2, min. 10 Leti
1-3, min. 18 Gaby
2-3, min. 23 Ari
3-3, min. 27 Ari
4-3, min. 29 Ju Delgado
4-4, min. 37 Ronsel (propia porta)
Pavillón A Estación de Navalcarnero. Uns 500 espectadores. Colexiados, Francisco Javier Díaz Dovale e Ángel Gómez Fernández do colexio madrileño. Amonestaron con cartulina amarela a Ronsel, Peke e Leti no Atlético Féminas Navalcarnero e a Bea Mateos e Ceci no Burela. Estiveron presentes no palco, Antonio Escribano, presidente do CNFS da RFEF e José Venancio López, seleccionador nacional.