Foz, 5 de setembro de 2015.- O C.D. Foz, preparado para o inicio da temporada, que será o Domingo as cinco da tarde ante o Mondoñedo S.C. no estadio Martinez Otero, que despois da súa remodelación presenta un mellor estado, ainda que as obras seguen o seu curso.
O pasado Venres o club estivo cheo de actividade, primeiro celebrouse unha reunión cos pais das categorías inferiores na Casa da Cultura, para explicarlles o funcionamento do Club, e despois no Campo Martinez Otero celebrouse unha merenda-cea, para todas as categorías. Dito evento foi preparado íntegramente pola propia directiva e colaboradores.
A directiva quere manifestar ós socios e ós que non son socios e queren apuntarse que estarán a dispor de todos para entrega de carnets e cubrir novas fichas de alta no propio estadio o próximo domingo, unha hora antes do partido e durante o mesmo.
Desde a directiva piden tamén á afección que apoie ó equipo e que acuda masivamente ó campo, “os nosos xogadores necesitan do calor da afección para ter confianza e facer unha boa temporada”.