Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo despide ós 2 nenos saharauís que pasaron o verán con familias do municipio

saharauis-cervoCervo, 7 de setembro de 2015. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, despediu aos dous nenos saharauís que pasaron o verán no municipio e agradeceu especialmente ás dúas familias que os recibiron estes meses a súa solidariedade.

“Despedimos a dous nenos, a Waara e a Bachri, un neno e unha nena, saharauís, que veñen habitualmente pasar o verán coas familias que residen no noso municipio. As persoas que recollen son Dulce e Raquel, ás que quero dar as grazas por ter ese espírito de colaboración e solidariedade con estes nenos que veñen pasar as vacacións con nós e que viven nunca zona na que poderían vivir moitísimo mellor do que viven eles. Estes aspectos solidarios que demostran Dulce e Raquel son as cousas que temos que gabar e pedir nesta sociedade, que haxa persoas que teñan este espírito que demostran estas dúas mulleres”, asegurou o rexedor municipal.

Alfonso Villares engadiu: “desexámoslle a Waara e a Bachrir que poidamos poder velos o ano que vén, esperamos que sexa así. Pola parte do Concello levamos colaborando con esta asociación do pobo saharauí dende o ano 2005 ininterrompidamente e seguimos dicindo publicamente que as familias que desexen acoller nenos do pobo saharauí no verán nas súas casas terán apoio do Concello de Cervo. Dicímolo porque nos gusta que no noso municipio continúe existindo esta solidariedade que continuamente demostran persoas como as nosas veciñas Dulce e Raquel”.

Exit mobile version