Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo manifesta a súa preocupación polas débedas herdadas do anterior bipartito

Mondoñedo, 10 de setembro de 2015.- A concellaría de Facenda de Mondoñedo manifesta a súa preocupación polas débedas herdadas do anterior Goberno mindoniense e saca a luz pública facturas que o bipartito deixou sen pagar.

Este departamento cita, entre outras, facturas, por valor de 27.000 euros, da oficina de planeamento, dependente da área de urbanismo, que están sen pagar e tamén unha sentencia firme que reclama o pago de 56.000 euros. Engade, que desta última, páganse en concepto de intereses 45.000 euros.

A concellería de Facenda lamentou que esta realidade contrasta coa presunción da que alardeaba o anterior executivo municipal, quen incluso chegou a publicar un bando dando conta do estado das contas do Concello, onde presumía que as deixaba saneadas e tiñan liquidez. Agora, a realidade mostra a incompetencia e deixadez do anterior executivo.

Exit mobile version