Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular de Burela pide colocación de semáforos nos cruces da Casa do Mar, e Suafonte con Arcadio Pardiñas

Burela, a 23 de setembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) presentará dúas mocións durante o vindeiro pleno ordinario a celebrar este xoves, ademáis de varias preguntas e un rogo.

A primeira das mocións está referida á “participación activa do Concello burelés na difusión e promoción do leite identificado coa denominación “Galega 100%”. Esta promoción do consumo do leite “Galego 100%”, deberá facerse de acordo coa Xunta de Galicia, e en conxunto con ACIA, hostelería, asociacións e colectivos e mesmo os centros de ensino. Deste xeito, Burela estaría apoiando ó sector lácteo galego”.

En relación a esta moción, desde o GMP indican que “efectivamente Burela é un dos poucos concellos da comunidade autónoma no que non hai produción leiteira; pero sabemos o que é pedir axuda e colaboración para a nosa flota, para o sector pesqueiro, en momentos de dificultade. Por eso entendemos que debemos aportar o noso grao de area para axudarlle ó sector do leite, importante en concellos da nosa comarca que están vencellados con Burela”.
A segunda moción refírese a un asunto de ámbito estrictamente local. O Grupo Municipal do PP di que “a ordenación do tráfico no noso concello data de 2006, e desde aquela tivo mui poucos cambios, exemplo de que funciona de xeito máis que aceptable. Con todo, hai algunha intersección complexa nas que se teñen producido dificultades de tráfico e mesmo accidentes. E pola experiencia acumulada, temos claro que hai dúas de máis complexidade ca outras”.

“Tendo en conta, indican desde o GMP, que no noso programa electoral incluíamos a colocación de rede semafórica no cruce da Casa do Mar, é decir, na intersección de Rosalía de Castro con Curros Enríquez, e tamén na intersección Arcadio Pardiñas/Suafonte/Torrentes, na nosa moción solictámoslle ó Goberno municipal que nos presupostos de 2016 se inclúa unha partida económica necesaria e suficiente para poder instalar rede semafórica nas dúas interseccións citadas, sen perxuicio de que a posteriori se amplíe a rede a outras interseccións que tamén poidan precisalo. Deste xeito, continúan, contribuiríase a millorar a seguridade viaria tanto para peatóns coma para vehículos e usuarios dos mesmos”.

O GMP lembra que “a última colocación de semáforos levouna a cabo un goberno do PP, na intersección Arcadio Pardiñas/Rúa das Flores/Canabal”.

Finalmente, o GMP presentará un rogo relativo a colaboración do Concello de Burela no proceso de acollida de refuxiados das guerras de Siria e Afganistán. “A día de hoxe, non sabemos qué tén previsto facer o equipo de goberno, cando outros concellos e adminstracións, e mesmo asociacións do noso concello, xa teñen definida a súa aportación. Por eso a través deste rogo pedimos que o equipo de goberno defina á maior brevidade posible o xeito do concello de participar no proceso de acollida”.

Exit mobile version