Site icon Crónica3.com A Mariña

O II Rastrillo Popular de Burela cambia de ubicación e celebrarase nesta ocasión na praza do Concello

Burela, 23 de setembro de 2015.- O II Rastrillo Popular cambia de ubicación este domingo, 27 de setembro, e celebrarase na praza do Concello para non coincidir cos actos das carreiras de Pel de Bolboreta, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Cultura, Jose Díaz. O I Rastrillo tivo lugar a mediados do pasado mes de agosto na praza da Mariña.

A segunda edición do Rastrillo Popular de Burela chega con máis novidades: unha delas é a petición aos inscritos para que doen un quilo de alimentos non perecedoiros á Despensa de Alimentos de Burela e a outra é que nesta segunda edición poderán anotarse asociacións, algo que non sucedeu na primeira, segundo comentou hai uns días o edil socialista.

A inscrición pecharase este xoves ás doce da noite. Ata o momento son 15 os inscritos.

O Rastrillo Popular estará aberto de doce da mañá a seis da tarde.

Exit mobile version