Site icon Crónica3.com A Mariña

O Morangrupo Lourenzá concéntrase en Cantabria ás ordes de Pablo Castro nun torneo de pretemporada

O Morangrupo Lourenzá concéntrase esta fin de semana disputando un torneo en terras cántabras. Pablo Castro poderá así coñecer máis de preto á plantilla que ilusionará unha temporada máis.

Serán 4 xogadoras as vinculadas que participen en Liga Feminina co Ensino e en Nacional con nós: Andrea Viador, Andrea Fernández, Paloma Dorda e Xiana Fernández.

Andrea Viador Castro. Alero. 19 anos. Formada nas categorías inferiores do Ensino. Estivo con nós na última temporada do equipo en autonómica como xogadora junior, e o ano pasado disputou moitísimos minutos como sénior de primeiro ano en Liga Feminina-2.

Xiana Fernández Sanchez, base de 1,76 cm. Ten 18 anos e procede do Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Na temporada 13-14 estivo no Strasburg High School de Colorado (USA) e foi seleccionada para o Colorado All-State.

Paloma Dorda. Alero de 1,85 cm. Ten 18 anos e o seu último equipo foi Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Nas temporadas 2012/2013 e 2013/2014 formou parte de S.XXI en Barcelona(FEB), no que o equipo participo na LF2.

Andrea Fernández. Alero de 1,83 cm. Ten tamén 18 anos e procede do CB Némesis de Cantabria. Desde a categoría cadete formou parte de diversas seleccións da súa Comunidade Autonoma.

Continúan na plantilla con respecto ó ano pasado a escolta Marta García e a pívot Andrea Meilán, que intentarán dar a dose de experiencia e saber facer ó equipo. Ademais, incorpórase ó primeiro equipo, procedente das juniors, a pívot Uxía Carreira.

De momento son 7 xogadoras sénior ás que hai que sumar as xogadoras que poden subir ó primeiro equipo do Ensino Junior e das Escolas Lourenzá; xogadoras que irán entrando na convocatoria e que lles servirá de trampolín para medirse nunha liga de ámbito nacional.

De tódolos xeitos, a plantilla non está pechada.

Exit mobile version