Site icon Crónica3.com A Mariña

O novo presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, subliña que traballará para que os servizos supramunicipais funcionen

Burela, 22 de setembro de 2015.- O novo presidente de Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, afronta esta etapa “para a quen fun proposto por moita xente, con ilusión e cun interese total por favorecer ao conxunto dos concellos desta entidade. Quero que A Mariña na súa totalidade se vexa beneficiada co que imos facer”.

Llano considera que “temos que traballar todos xuntos nos temas que nos preocupan e que lle preocupan á cidadanía desta comarca: a atención sanitaria, a educación… en definitiva que os servizos supramunicipais funcionen”. E engade que “o medio ambiente tamén nos preocupa. Hai que tentar buscar fórmulas para mellorar o tratamento dos residuos e que todo redunde en beneficio dos cidadáns da Mariña luguesa”.

A Mancomunidade de Municipios da Mariña continuará “coa proxección turística da comarca e traballará para a súa promoción económica, xa que hai pymes e grandes empresas para as que as medidas que se poidan poñer en marcha sexan un bo recurso. Promoción turística si, pero tamén promoción económica e social da Mariña”.

Alfredo Llano pensa que “é moi importante que Viveiro se incorpore á Mancomunidade de Municipios da Mariña. Cantos máis esteamos mellor”.

Exit mobile version