Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro lamenta a falta de transparencia do equipo de goberno socialista

Unha vez máis, posto que esta situación xa se ten dado noutras ocasións, dende o Grupo do PP de Viveiro temos que lamentar a pouca transparencia e a deixadez do equipo de goberrno municipal socialista, posto que non temos recibido unha soa acta da Xunta de goberno local dende o 9 de xuño de 2015 – cando aínda a actual alcadesa o era en funcións -.

Dende que o 13 de xuño fora investida Aldcadesa, e van xa preto dos tres meses, o noso grupo non recibiu nin unha soa acta de xunta de goberno local, sin que ninguén nos teña dado explicación algunha sobre este significativo retraso.

Non é esta unha situación novedosa, posto que no mandato anterior xa nos tiveran en varias ocasións sin entregarnolas en tempo e forma, de feito na última ocasión estivemos seis meses sin recibir acta algunha . O certo é que a través destas actas podemos fiscalizar e controlar a labor do equipo de goberno, co que si non se nos entregan malamente podemos facelo.

Isto levanos a pensar que ou ben non se reúnen, ou ben non sabemos por que motivo non se non entrega copia das mesmas dende xa fai tres meses. Agardamos que poñan solución rápidamente a esta situación, posto que do contrario teremos que adoptar outro tipo de medidas.

Dende o PP de Viveiro estábamos convencidos que con este novo mandato se cambiarían alguns dos malos costumes do mandato anterior, pero visto o visto parece que imos polos mesmos derroteiros., facendo da deixadez e a inacción un sinal de identidade permanente deste equipo de goberno socialista.

En Viveiro a 8 de setembro de 2015
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro

Exit mobile version