Os retablos situados na “Porta de Carlos I de España e V de Alemania” e na “Porta da Vila” atópanse nun lamentable estado de abandono e deterioro, dando unha mala imaxe tanto para os veciños/as de Viveiro como para os turistas que nos visitan. Adxuntamos fotografías para corroborar dito estado. Por esta razón rogamos á Sra. Alcadesa que adopte as medidas necesarias para proceder a sua limpieza e restauración por persoal especializado, posto que se trata de imaxes moi antigas e requiren un coidado especial.