Lugo, 2 de setembro de 2015.- O Grupo Provincial Socialista denuncia que Candia volve a ocultar a relación de bens e actividades dos 25 Deputados tras a chapuza que publicou nos pasados días en contra da Lei de Protección de Datos, pois puxo en Internet números de contas bancarias, matrículas de vehículos ou direccións postais completas de representantes da Corporación Provincial.
“Candia viuse coa denuncia do PSOE enriba e deuse conta que de novo desenmascarábamos as súas artimañas caciquís. Por este motivo, á desesperada ordenou publicar en www.deputacionlugo.gal tan só a documentación sobre o patrimonio dos Deputación, non así a relación de actividades, sen respectar, minimamente, a privacidade de calquera persoa, pois incluíu datos estritamente protexidos pola Lei. Fíxoo unha auténtica chapuza para tentar agochar, como sexa, o seu caciquismo. Pero tan só conseguiu deixar patente, unha vez máis, o seu total descoñecemento sobre funcionamento e responsabilidade da administración, a lexislación vixente e o propio Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, así como a súa mala fe”, salientou Álvaro Santos Ramos.
“Os socialistas esiximos a Candia que se poña a traballar para publicar, correctamente e tal e como esixe a Lei, tanto a relación de bens dos 25 Deputados como a de actividades, que nunca fixo pública, en todos os soportes: na web provincial e no Boletín Oficial da Provincia. Tivo dous meses para facelo”, remarcou o Deputado Provincial do PSOE.
Obrigas legais
A Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información e bo goberno establece a obriga das administracións públicas a facer públicas nas súas sedes electrónicas, dunha maneira clara, estruturada e entendible, as declaracións de bens e actividades dos representantes locais.
Tras a denuncia do PSOE, Candia publicou ás presas en www.deputacionlugo.gal só a relación de bens dos Deputados, incluíndo datos estritamente persoais en contra da Lei de Protección de Datos. Ademais, suprimiu da web os dous accesos directos a este información, que levaban por nome “Patrimonio dos Deputados” e que se atopan na portada no espazo “Transparencia” e outro en “Entra na Deputación” e logo “Corporación Provincial”.
A Lei 3/2015, de 30 de marzo, reguladora do exercicio do alto cargo da Administración Xeral do Estado reforza e amplía a Lei de Transparencia e fai fincapé na obriga de facer público a relación de actividades para garantir que non se produzan conflito de intereses nin incompatibilidades. Candia nunca publicou esta documentación.
Os artigos 28, 29, 30, 31 e 32 do Regulamento Orgánico da Deputación estable o obriga de publicar no Boletín Oficial da Provincial a relación de bens e actividades dos membros da Corporación Provincial, así como que dita información será custodiada pola Secretaria Xeral da Deputación. Candia non fixo nada disto e culpou a traballadores públicos que entre as súas competencias non está a de custodiar esta información da súa incompetencia.