Site icon Crónica3.com A Mariña

O Resort Las Sirenas celebra o final do verán con cea, dancing e ofertas especiais

RESORT_LASSIRENAS_ThalassoDancing3oct2015_WEBViveiro, 25 de setembro de 2015.- O Resort Las Sirenas de Viveiro celebra o vindeiro sábado 3 de outubro o final do verán cunha nova edición das súas “Thalasso Dancing”, cunha noite especial na que se promete unha vez máis boa gastronomía, música e moita diversión nun marco espectacular como son os salóns do Hotel Thalasso Cantábrico.

A partir das nove e media da noite dará comezo unha cea especial a base de aperitivos “Cantábrico”, rape en estilo panorámico con pataca panadeira e carrilleiras de porco ibérico con salteado de legume e pataca de Galicia; ademais de sobremesa (tarta con tulipa de chocolate e xeado de vainilla), viños, café e licores galegos.

Para alargar a noite, logo da cea ábrese a sesión musical con DJ e a “Night Session” coa coctelería do equipo de baristas do Resort Las Sirenas.

Ademais da cea-baile, que se ofrece por 45 euros, o Resort Las Sirenas presenta interesantes ofertas en aloxamento. Todos os interesados poden informarse sen compromiso no teléfono 982560200 ou na súa páxina de facebook.

Exit mobile version