Site icon Crónica3.com A Mariña

O restaurante ribadense “La Cuchara de Palo” ofrece seis menús diferentes para grupos e tamén prepara comida para levar á casa

100715 Foto cuchara palo 3Ribadeo, 7 de setembro de 2015.- O restaurante ribadense La Cuchara de Palo ofrece seis menús diferentes para grupos, con prezos dende 25 ata 35 euros por persoa, e tamén prepara comida para levar á casa. Ademais conta con menú do día, de luns a venres, por 10 euros, e os sábados e domingos ten menú especial fin de semana a 15 euros.

En La Cuchara de Palo tamén hai unha ampla carta de pratos e porcións na que inclúen sobre todo pratos típicos da gastronomía desta zona, como peixes, mariscos e carnes en varias preparacións: luras, chipiróns, zamburiñas, polbo, navallas, ameixas, chocos, croquetas, ensaladilla rusa, paté de marisco, gambas, lagostinos, puntillas, pescada, rape, dourada, rodaballo, bacallau, linguado, chuletón, chuleta e filete de tenreira; segredo ibérico, lacón, etcétera. Pero tamén inclúe algunhas preparacións de cociña brasileira, como coxiña, kibe ou picanha.

Para ofrecer todas estas opcións La Cuchara de Palo conta con dous comedores diferentes no seu local da rúa San Roque, número 67, da vila ribadense. O teléfono para reservas é o 982.130.316.

Exit mobile version