Site icon Crónica3.com A Mariña

O vicepresidente da Xunta comunicoulle ao alcalde de Foz que lle outorga un novo vehículo para a Policía Local

Foz, 18 de setembro de 2015.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fíxolle saber ao alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que se lle outorgará á Policía Local un novo vehículo. Así o anunciou este venres o rexedor focense, que conta recibir o coche nun prazo de entre 15 ou 20 días.

“Dende a Vicepresidencia da Xunta, concretamente o conselleiro Alfonso Rueda, comunicáronnos ao Concello de Foz que foi outorgado por parte da Xunta de Galicia un novo vehículo policial que no prazo de 15 ou 20 días estará a disposición da nosa Policía Local”, explicou Castiñeira. “Era un requirimento de equipamentos por parte da Xefatura da Policía Local de Foz e chegou a bo porto, porque dende a Xunta tiveron a ben acometer este financiamento dun coche para o noso concello. Ese cambio de vehículo da Policía Local levará a que podamos transformar algún dos actuais coches policiais en vehículos para outros servizos do Concello, para obras ou outro tipo de necesidades tamén demandamos”, dixo o alcalde.

Javier Castiñeira concluíu comentando que “polo tanto estamos contentos e agradecemos o compromiso da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, como está tendo durante todos estes anos, co Concello de Foz, neste daso atendendo unha necesidade da nosa Policía Local”, concluíu.

Exit mobile version