Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas do C.D. Egovarros Viveiro acadan sete medallas no Campionato Galego de 10 Km en Ruta

DSC_0666Viveiro, 7 de setembro de 2015.- O pasado domingo celebrouse na localidade de Vimianzo (A Coruña), o Campionato Galego de 10 km en ruta, nun circuíto urbano de 5 km ó que os atletas tiveron que darlle dúas voltas para completar o percorrido. O clube viveirense desprazou a 17 atletas, acadando 7 medallas. Na categoría feminina: María Luísa López en W-40 acadou o subcampionato galego, a súa compañeira de equipo Begoña de Arriba en W-55 acadou a medalla de bronce; na categoría masculina: Marcelo Vásquez, que voltaba de participar no Campionato do Mundo, proclamouse campeón galego da categoría de M-40, na categoría de M-50 Emilio Martinez foi medalla de prata, en M-60 Luis Miguel García foi medalla de bronce, en M-65 Fernando Ramos proclamouse campión galego e en M-75 o seu compañeiro Antonio Cabana tamén se proclamou campión galego.

Esta proba foi a penúltima dos Campionatos Galegos da tempada 2014/2015, quedando únicamente o Campionato Galego de Media Maratón, que se disputará o día 20 deste mes na localidade de Petín (Ourense), na que o Egovarros tamén estará representado por parte dos seus atletas.

Exit mobile version