Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro, remataron a tempada cun ouro e un bronce no Campionato Galego de Media Maratón

emilio martinezViveiro, 21 de setembro de 2015.- O pasado domingo celebrouse na localidade de Petín (Ourense), organizado pola Federación Galega de Atletismo, o Campionato Galego de Media Maratón, que se desenrolou por un circuito de continuas subidas e baixadas e cunha boa temperatura para a práctica do atletismo. Cunha participación de máis de 100 atletas de tódolos clubes galegos, destacou a medalla de ouro do atleta do C.D. Egovarros-Viveiro Emilio Martínez, na categoría de M-50 cun tempo de 01:19:05, o seu compañeiro de equipo Eliseo López fíxose coa medalla de bronce na categoría de M-60, despois de rematar a proba cun tempo de 01:52:42, con esta proba remataba a tempada 2014/2015, a partir de outubro o clube de Viveiro empezará coas renovacións e novos fichaxes para a tempada 2015/2016.

Exit mobile version