Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares critican que “a Xunta de Goberno de Burela estivo preto dun mes sen reunirse”

Burela, a 21 de setembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirma que “a Xunta de Goberno estivo cáseque un mes sen reunirse, exactamente desde o día once de agosto hasta o dous de setembro. A Xunta de Goberno debería terse reunido, nese período de tempo, alomenos unha vez máis, segundo o réxime de sesións do indicado órgano colexiado fixado polo alcalde”.

O GMP asegura que no mes de agosto, houbo unha sesión ordinaria da Xunta de Goberno o día 5, e unha extraordinaria o día 11, cun único punto na orde do día, referido ó servizo de limpeza de dependencias municipais; non se celebrou ningunha máis ata o día 2 de setembro.

Segundo os populares, “esto xenerou un retraso na tramitación de certas peticións dos veciños, peticións que obrigatoriamente teñen que pasar pola Xunta de Goberno; hai que lembrar que a Xunta de Goberno, durante o mandato do PP, sempre celebrou as súas dúas sesións ordinarias regulamentarias, haxa poucos ou moitos puntos para tratar, xa que a importancia dos asuntos non a decreta a Xunta de Goberno, senón a urxencia que poida ter o particular ou empresa que pide a tramitación”.

Para o GMP, “esta situación, que agardamos non se volva a repetir, tén a súa razón de ser na deixadez do alcalde, máis amigo da farándula e de ausentarse do concello sen avisar, deixando plantados a veciños que querían falar con el. Os asuntos que os particulares e empresas presentan para a súa tramitación deben tratarse coa máxima dilixencia, por suposto tendo en conta a súa complexidade, pero dase a circunstancia que na sesión do dous de setembro tratáronse asuntos presentados un mes antes no concello e que non reunión moita dificultade”.

Polo tanto, segundo os populares, “non hai disculpa posible do alcalde, anque seguro que, como fai sempre, algo ou alguén terá a culpa e a responsabilidade de que a Xunta de Goberno incumprise as súas funcións, e ese alguén, por suposto, non será o alcalde”.

Exit mobile version