
Foz, 19 de setembro de 2015.- Os Sendeiros de Foz celebraron este sábado dia 19 deste mes de Setembro o Encontro do Río Ouro 2015. Preto de 550 particpantes se deron cita no porto de Foz ás 9,30 da maña para, despois dun pequeno saúdo do alcalde de Foz e do presidente da asociación, desprazarse ata o comezo da ruta, nesta ocasión no punto coñecido do pazo Conde de Fontao, desde o que partiron cara Foz, río Ouro e praias, rematando de novo no porto focense. Despois de percorrer algo máis de 13 km, ó remate disfrutaron dunha boa comida a base de bonito asado, bolos preñados, pan e postre, sen faltar a boa musica en vivo. Desde a asociación dan as grazas a tod@s @s participantes por acompañalos neste encontro.