Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas acusan á Conselleira de Pesca de mentir “para xustificar a fuxida de Feijóo do debate no Parlamento”

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 15. A conselleira do Medio Rural e Marítimo fixo este martes unha demostración lamentable de mala memoria ao dicir, durante unha intervención parlamentaria, que o presidente da Xunta asinou un memorándum coa FAO “por primeira vez na historia”. O Grupo Socialista acusa á conselleira de mentir para xustificar unha viaxe do presidente da Xunta a Roma para “fuxir do Parlamento”.

A titular de Pesca tivo este martes un lapsus deliberado ao “esquecer” o convenio asinado pola entón conselleira do Mar, Carmen Gallego, coa FAO o 21 de xullo de 2008, por un importe de 3 millóns de euros, para impulsar a pesca en América, do que dan constancia os medios de comunicación.

Os socialistas galegos lamentan o “intento desesperado da conselleira” de ofrecer unha escusa para evitar a comparecencia do presidente da Xunta da Cámara autonómica cando se debaten dúas cuestións fundamentais para a economía e a cidadanía galega, como son a situación do sector lácteo e a atención sanitaria do sur da Comunidade Autónoma.

Exit mobile version