Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras de Burela visitou Valporquero

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 14 de setembro de 2015.- Os sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela, desprazáronse este fin de semana a Valporquero de Torío e alí visitaron unha das covas mais impresionantes de España.

A cova de Valporquero data de máis dun millón de anos, e no seu interior puideron apreciar as formas mais caprichosas que a natureza é capaz de fabricar. Viron a “Virxe co Neno”, “a Torre de Pisa”, as “Xemelgas”, a “Pantasma”… unha infinidade de formacións de calcárea disolta en auga que tardarán en esquecer.

Finalizada a visita a este santuario da espeleoloxía, fixeron unha ruta de sendeirismo no faiedo próximo á cova, un lugar onde o brión e as faias forman un paraíso natural que serven de acubillo a unha infinidade de animais.

A Cova de Valporquero, xunto ao faiedo de Valporquero, así como as Fouces de Vegacervera (por onde pasaron en autobús), pertencen á reserva da biosfera dos Argüellos.

Para repoñer forzas dirixíronse a Casa Ezequiel en Villamanín, onde os esperaba unha “cuchipanda” das que marcan época.

Exit mobile version