Site icon Crónica3.com A Mariña

Pechado o acceso ó Souto da Retorta

O Concello de Viveiro informa de que o acceso ó Souto da Retorta permanecerá pechado dende o vindeiro luns, 21 de setembro de 2015, estando previsto que as obras que se executarán no lugar rematen no prazo de 2 meses. A delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, púxose en contacto telefonicamente este xoves coa alcaldesa para facilitar esta información.

Exit mobile version