Reuníronse preto de 400 persoas para pasar unha boa tarde en familia, aclamar ós xogadores mentras iban formando, para facer unha foto xeral e para pasar unha boa tarde merendando e compartindo todos xuntos as boas sensacións para a tempada futbolística.
Aproveitando a xornada os xogadores sometéronse a unha sesión de fotos para os albumes de cromos que sairán á venda este mesmo ano. Posar como si foran xogadores de primeira división foi unha experiencia boa, especialmente para os máis pequenos.
A AFD, que naceu no ano 2012, conta na actualidade con equipos en todas as categorías inferiores. Os 180 alumnos están repartidos en dous equipos de iniciación, dous de prebenxamín e os mesmos de benxamín e alevín. En fútbol 11, tamén ten un equipo en infantil, outro en cadete e en xuvenil.
A próxima fin de semana ten previsto levar a cabo a MAROSA CUP, o primeiro torneo de F8 que organiza a nosa asociación. A xornada do 19 reunirá equipos de categorías Alevín e Benxamín, e o día 20 enfrentaranse os equipos de Prebenxamín. Teñen confirmada asistencia equipos de Ribadeo, Lugo, A Caridad, Foz, Xove e Covas.
Tamén o domingo día 20, a AFD terá presencia na Semana da Mobilidade de Burela, organizando fútbol na rúa cos equipos de iniciación, os biberóns. Sen duda, serán partidos emocionantes.