Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiros 3 puntos da temporada para o Ribadeo FC ante o Fabril

O Ribadeo FC logra a súa primeira vitoria en Liga nesta temporada 15/16 na Terceira División ante o Deportivo B grazas a un gol nos últimos minutos do encontro disputado no Pepe Barrera.

Andrés Bouza introducía o esférico na portería de David Gómez tras un rexeite dun lanzamento de falta lateral no minuto 89. E con este gol, os de Germán Campos e Manolo Vilachá -suspendido 2 xornadas despois das protestas na xornada anterior ante o Cerceda- subían o 2 a 1 no marcador tras unha segunda parte con varias oportunidades para os locais.

Santi García inauguraba o marcador para os celestes despois de que os de Manue Mosquera marcaran o primeiro tanto do partido. Así foi como chegaban ó descanso tras unha primeira metade de claro dominio celeste.

O Ribadeo conseguía así ante o Fabril os seus 3 primeiros puntos da temporada despois das derrotas ante o Vilalbés no Pepe Barrera (1-2) e na súa visita a Cerceda onde caían por 3-1. En ambos casos era Rafa Casanova o que marcaba o tanto para os mariñáns.

A vindeira xornada viaxarán a Carballo para medirse ó Bergantiños que suma 2 puntos despois de empatar ante o As Pontes (1-1) na primeira xornada, caer pola mínima (0-1) ante o Boiro e empatar de novo ante o Arousa na terceira (1-1).

Exit mobile version