Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE e BNG bloquean o servizo de xestión de recadación gratuíta da Deputación ós Concellos

Lugo, 29 de setembro de 2015.- O deputado responsable de Economía, Recadación e Facenda, Demetrio Salgueiro, considera “inexplicable” que os grupos da oposición bloqueen que a Deputación de Lugo preste aos concellos de xeito gratuíto o servizo de xestión de recadación.

O Goberno levou hoxe a Pleno unha proposta para que a administración provincial prestase os servizos de recadación aos concellos, sen que estes teñen que ofrecer compensación económica algunha á entidade provincial. Esta proposta dos populares, que conta cos informes oportunos dos servizos correspondentes, suporía unha inxección económica aos concellos de 1,9 millóns de euros. Esta iniciativa do Goberno da Deputación suporíaa concellos como o de Ribadeo, por exemplo, un beneficio de 91.868,12 euros; a Vilalba, 104.016,71 euros; a Sarria, 115.292,34 euros ou a Becerreá, 24.179,50 euros.

O voto en contra dos socialistas e dos nacionalistas demostra, segundo Salgueiro, que “á oposición non lle interesan os concellos, cometen un erro político inmenso, só se preocupan polos seus intereses políticos e centrados só neles prefiren negarlles aos municipios unha inxección económica de 1,9 millóns de euros”.

Ata agora, os concellos compensaban polo exercicio destas funcións á Deputación co 3% dos xuros recadados en período voluntario e co 75% da recarga no período executivo precedente.

Os socialistas e nacionalistas bloquearon tamén a constitución do Consello Provincial de Xestión Tributaria e Recadatoria e a aprobación inicial do seu regulamento. Trátase dun órgano que permitiría mellorar a colaboración entre Deputación e Concellos ao ter este consello unha función de asesoramento en materia de tributación e recadación, que permitiría efectuar propostas, estudos ou informes.

Polo tanto, o PSOE e o BNG demostraron no Pleno de hoxe que “os concellos e as súas necesidades non son unha prioridade para os dous grupos políticos, que prefiren antepoñer os seus intereses políticos a cooperar coas administracións locais”. Salgueiro lémbralles que a máxima da Deputación é “colaborar cos concellos, e non se esquezan deste deber, non poden pensar só en vostedes e nos seus intereses políticos”.

Exit mobile version