Acompañáronos no estudo Encarna (unha das responsables de “Educando en Familia” na Mariña), Teresa (unha das responsables comarcais da rede de garderías “Galiña Azul”), Ana e Taís (da ocioteca “O Rincón do Trasgo” de Burela), Carol (da ocioteca “Oz” de Foz) e Sonia (que vén de abrir estes días a ocioteca “Taravás” en Burela).
Xuntos, acompañados, como sempre, de Matías, a alma da Radio Burela, fomos analizando os detalles desta etapa da educación tan importante, a dos primeiros anos da nosa vida, porque nela teñen a súa base todas as demais.
Grazas a todas estas profesionais da ensinanza, que gustan máis de definirse como educadoras que como coidadoras.