Site icon Crónica3.com A Mariña

Roteiro urbano por Mondoñedo en homenaxe a “Leiras Pulpeiro”

O vindeiro sábado 5 de setembro ás 11.00 horas desde a Oficina de Turismo o Grupo Literario Leiras Pulpeiro ofrece guía para o roteiro “Leiras Pulpeiro” en compañía do grupo de sendeirismo “Pasada das Cabras” de Burela baixo a organización das Asociacións da “Plataforma da Comarca de Mondoñedo Unida” e o Concello de Mondoñedo.

Itinerario do Roteiro Manuel Leiras Pulpeiro​
Roteiro Urbano – xuntanza na Oficina de Turismo ás 11.00 horas para ir a visitar o Centro Cultural “A Casa da Xente” dedicado os ilustres escritores e músicos do Concello de Mondoñedo​ Continuación do recorrido pola rúa Marina Mayoral​ Avda As San Lucas, rúa Leiras Pulpeiro donde haberá unha lectura poética (diante da estatua ) por Xose Ruiz Leivas​ representante da Asociación de Amigos da Cidade de Mondoñedo continuación por rúa Pacheco, Peñas de Francia e Febrero ( lectura poética (diante da casa natal) por Julia María Labrador Ben​ coordinadora do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” continuación ata a Fonte Vella lectura poetica por Elena Candia​ presidenta da Deputación Provincial de Lugo e alcaldesa do Concello de Mondoñedo, continuación do recorrido por Praza do Seminario, rúa Pascual Veiga, Praza da Catedral con lectura poética (diante da estatua de Alvaro Cunqueiro e do monolito dedicado o Mariscal Pardo de Cela) por Alfredo Llano, alcalde do Concello de Burela e vicepresidente do grupo de sendeirsmo “Pasada das Cabras” de Burela continuación pola rúa Alfonso VII e visita a exposición ” Os Espantallos ” e de libros antigos da Biblioteca fundada por Manuel Leiras no Centro Cultural e Recreativo Casino de Mondoñedo​ con lectura poética por Vicente Gonzalez Redondo​ presidente da Sociedade Casino de Mondoñedo. continuación da ruta ata o Parque da Lembranza e a Campa de Leiras no Cemiterio Vello, ofrenda floral e lectura poética por José Luis Fernández Ansedes​ en representacion da Plataforma Cidadá Comarca de Mondoñedo Unida​
2ª parte Continuación do Roteiro polo Barrio de San Lázaro ata o Coto da Recadieira con visita a Fonte Medicinal e a Pena do Unto do Castro con lectura poética por un representante do clube de sendeirosmo do Val do Ouro Paso Miudo​ continuación ata a Area Recreativa e Paisaxistica de “A Fervenza” de Viloalle donde terá lugar un xantar campestre, a posibilidade de baños na Poza ou na piscina fluvial e o torneo da Chave con trofeos donados pola A Taberna Do Valeco​ e a Finca El Remanso​
si o tempo o permite tames cabe a posibilidade da visita a Capela de San Ramón na Ferrería e achegarse o campo da festa donde se celebran as patronais de Viloalle.

Exit mobile version