Site icon Crónica3.com A Mariña

Saír de tapas en Burela en setembro ten premio de 5000 euros en metálico

BURELABARES_cartelA3_probaOK1Burela, 2 de setembro de 2015.- Esta semana empeza a carreira polos 5000 euros en metálico que sortea a hostalaría de Burela durante o mes de setembro. Así de saborosa é a proposta que acaban de lanzar vinte e cinco locais hostaleiros de Burela.

Durante o mes de setembro celebran xornadas gastronómicas todos os xoves e venres, cada semana dedicada a un produto distinto, nos seguintes locais: A Casa da Avoa, A Dorna, A Lonxa, A Marosa, A Marquesa, A Parrilla, A Xanela, As Redes, Bar Torques, Casa Miranda, Don Jamón, Hamilton, La Boccatta, La Cepa De Bustos, Mesón da Pedra, Mesón do Poeta, Mis En Plas, O Abrente, O Raio, ou Sargo, O Secreto de Xoco, Palacio de Cristal, Pizzbur, Sitio e Vista Alegre. Cada un destes 25 locais achega 200 euros para o premio final.

Esta primeira semana as xornadas gastronómicas están dedicadas ao bonito do norte. As tapas ofrécense xoves e venres a partir das 8 da tarde ao prezo de 1,50 euros. Nas seguintes semanas as xornadas estarán dedicadas á carne, á pataca e ao mexillón, respectivamente.

A campaña consiste en tomar polo menos unha tapa en cada local durante todo o mes. As persoas que consigan completar os 25 selos da súa cartilla entrarán en sorteo de 5000 euros en metálico, que se celebrará o domingo 27 de setembro na Praza do Concello. O sorteo será presencial ata que apareza o gañador, polo que se seguirá sorteando ata descubrir a persoa agraciada.

Exit mobile version