Site icon Crónica3.com A Mariña

Borja e Rafa Casanova danlle 3 novos puntos ó Ribadeo en Carballo

O Ribadeo lograba outros 3 puntos en Carballo ante o Bergantiños grazas ós goles de Borja e Rafa Casanova na primeira metada.

A pesar de que eran os locais os que se adiantaban no marcador, Borja -tras un rexeite dun lanzamento de Santi- lograba empatar nas Eiroas antes de que Rafa Casanova anotara de novo para os celestes cun lanzamento de falta.

Co 1 a 2 no marcador marchábanse ó descanso dun encontro igualado entre dous equipos de semellante nivel.

A pesar de que na segunda metade os anfitrións contaron con maior posesión, os celestes defenderon un resultado favorable que lles permitía facerse cos 3 puntos.

A parte negativa do encontro supúxoa o golpe que Isma recibía na mandíbula e que supuxo o seu ingreso e observación nun hospital da cidade herculina.

Con 6 puntos logrados coas dúas últimas vitorias, os de Vilachá e Germán sitúanse na oitava posición da táboa a un punto da zona de promoción. A vindeira xornada recibirán ó Barco.

Exit mobile version