Site icon Crónica3.com A Mariña

Sete dos participantes no Campionato de España de Motonáutica por radiocontrol celebrado no encoro de Riocobo, clasificados para o Mundial

trofeos-riocoboCervo, 7 de setembro de 2015. Sete dos participantes no campionato de España de motonáutica por radiocontrol celebrado esta pasada fin de semana no encoro de Riocobo clasificáronse para o mundial que terá lugar en Holanda no vindeiro ano 2016.

O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, manifestou hoxe que “o Concello de Cervo quere agradecer á Federación Galega de Motonáutica o feito de elixir o encoro de Riocobo para o desenvolvemento desta competición de carácter nacional, así como a aquelas entidades comerciais que colaboraron coa achega de trofeos, ao persoal do Concello de Cervo, a Protección Civil de Cervo e ao Club Piragüismo de San Ciprián, pola súa desinteresada colaboración con este evento”.

Clasificación:

Modalidade

Clasificación

Donante Trofeo

Gañador

Observacións

E.S. Otero Vázquez Manuel García Muñoz Santander.- Campión de España en 2014 en 7´5 e 35 c.c.

27 c.c.

Rodabell Carlos Javier Campo Cosido Cantabria.-

Hostal Buenavista José Luis López Gutiérrez Madrid.-

Auto Escuela Mundial Luis Coll Rosalen Valencia.- Campión de España 2014, en 15 c.c. e 3º en 35 c.c.

15 c.c.

Concello de Cervo Emilio Plana González Madrid.-

Concello de Cervo José Ignacio González Gracia Madrid.-

Construcciones Cazás Santiago García Colles Cantabria.-

7´5 c.c.

Concello de Cervo Emilio Cadaveira Cid A Coruña.-

Concello de Cervo Juan José Rivas Gómez Cantabria.- Sub-campión de España en 2014 en 7,5 c.c.

Concello de Cervo Carmelo Soriano Soriano Valencia.-

3´5 c.c.

Concello de Cervo Luis Plana González Madrid.- Campión de España en 2014 en 3,5 c.c.

Carlin Antonio Sánchez de Castellón Valencia.-

Clasifícanse para o Campionato do Mundo do 2016 a celebrar en Holanda:
– Manuel García Muñoz, de Santander, en categoría de 27 c.c.
– Carlos Javier Campo Cosido, de Cantabria, en categoría de 27 c.c.
– Luis Coll Rosallen, de Valencia, en categoría de 15 c.c.
– Antonio Sánchez Castellón, de Valencia, en categoría de 15 c.c.
– Santiago García Colles, de Cantabria, en categoría de 7,5 c.c.
– Emilio Cadaveira Cid, de A Coruña, en categoría de 7,5 c.c.
– Juan José Rivas Gómez, de Cantabria, en categoría de 7,5 c.c.

Exit mobile version