Xa non queda nadiña para as Carreiras Solidarias Alas de Vida 2015, un evento de carácter exclusivamente solidario.
O seu obxectivo é dar a coñecer a enfermidade “Epidermólisis bullosa” máis coñecida como “Pel de Bolboreta” e recadar fondos para que a asociación DEBRA siga coa súa importante función de formación, financiación e investigación. Aportar o noso grao de area para que siga a súa loita por mellorar a calidade de vida dos afectados pola EB e das súas familias. Igualmente, pretende informar e concienciar dos beneficios da actividade física e impulsar a actividade deportiva a nivel popular co desenvolvemento de diversas carreiras.
PROGRAMA
Sábado 26
16.00 horas: “Paseo solidario Alas de Vida”: para fomentar o deporte a todos os ámbitos e grupos de idade. Pódense completar os 3km que desde a Praza da Mariña á Marosa de mil formas: andando, en patíns, bicicleta, silla de rodas, correndo… O importante é colaborar coa inscripción (3€, que inclúe o agasallo do emblema da Asociación DEBRA), pasar un bo rato e moverse.
– Para volver desde A Marosa habilitarase un tren turístico e as furgonetas da Asociación Camiña axudarán a transportar as bicicletas, patinetes e demáis vehículos que haxa.
-Rematarase con unha chocolatada e festa na Praza da Mariña (con xogos e sorpresas para as nenas e nenos e música).
Domingo 27
11.00 horas: “II Media Maratón de montaña Alas de Vida”: un duro e precioso percorrido polos arredores de Burela e o seu litoral marítimo.
Con 400m de desnivel acumulado e principalmente por pistas de terra e carreiros. Con servizos de avituallamento sólido e liquido, duchas e comida ao finalizar a proba para todos os participantes. O coste da inscripción é de 15€. A empresa Empa-t será a encargada da cronometraxe da proba.
A inscrición pode realizarse ata 15 minutos antes de que comece cada carreira, na Praza da Mariña, os dous días.