Site icon Crónica3.com A Mariña

Torre de Núñez incorpórase ó Consorcio del Jamón Serrano Español

A empresa lucense Torre de Núñez incorporouse no mes de abril deste ano ao Consorcio do Xamón Serrano Español, unha asociación de empresas que, desde 1990, agrupa ás máis importantes compañías do sector cárnico español, todas elas líderes na produción e exportación de xamón serrano.

A vocación exportadora de Torre de Núñez, que comercializa o seu produto estrela en países como Portugal, Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Irlanda, Dinamarca, Suecia, Noruega, Guatemala, República Dominicana, Panamá, Cuba, Hong Kong, Xapón e Bélxica; así como as dúas estrelas de ouro recibidas nos Great Taste Awards 2014 foron decisivos para a súa incorporación a este especializado grupo de empresas.

O obxectivo do Consorcio do Xamón Serrano é proporcionar un selo de calidade que garanta un xamón serrano exclusivo e de alta calidade para a súa comercialización nos mercados exteriores. Son máis de 20 anos os que dedicou este grupo á promoción internacional e control de calidade do xamón serrano.

Desde Torre de Núñez, a integración no consorcio nun paso importante para o seu proceso de expansión internacional xa que cada vez máis importadores valoran e buscan o selo do consorcio.

Exit mobile version